Día do patrón da cidade. Celébranse diversos actos, entre os que destacan a misa na Concatedral de San Xiao e a degustación gratuíta de arroz con leite, prato típico ferrolán. Este ano non haberá distribución de arroz con leite pola pandemia.
Este día, no Teatro Jofre, noméase ao “Ferrolán do Ano” e, no mesmo acto, conmemórase tamén o irmandamento da urbe naval con Lugo.